APRENDER A CONVIVIR

APRENDER A CONVIVIR

JARES, XESUS R.

12,05 €
IVA incluido
No disponible Pregúntanos antes de pagar
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2006
Materia
Ed. diversidad - integracion
ISBN:
978-84-9782-492-7
Páginas:
152
Encuadernación:
Otros
12,05 €
IVA incluido
No disponible Pregúntanos antes de pagar

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade.
Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos.
O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Otros libros del autor